domingo, 8 de junio de 2014

Os “osnis” galegos

No territorio galaico temos un rico folclore cheo de lendas que nos falan de seres éstranos ou monstros saídos do mar. Así por exemplo temos a lenda da famosa Coca de Redondela, un dragón mariño que saía das augas para raptar mulleres fermosas, ou tamén outro exemplo poden ser o mitolóxicos nigromantes da illa de Ons.
Pero remontándonos agora a un pasado máis próximo, muitos mariñeiros das nosas costas aseguran que viron saír ou entrar no mar non seres mitolóxicos, senón obxetos metálicos e submarinos non identificados, tratase dos “osnis”.
Temos decenas de casos contados onde sobre todo mariñeiros e pescadores das provincias de Pontevedra e A Coruña, nas súas horas de traballo na mar teñen visto estes obxetos pasar moi preto deles chegando a asustalos, incluso existe unha lenda que di que existe unha base destes osnis baixo o mar preto das illas Cíes e a illa de Ons. 
A maioría dos casos e testemuñas producíronse entre os anos 1975 e 1985, onde estes osnis paseábanse polas nosas costas galegas de forma impune, estes obxetos coinciden na maioría dos testemuñas como esféricos e brancos. 

Un dos casos máis importantes produxose o 22 de novembro do 1985 as oito da mañá, cando as tripulación de media decena de embarcacións como o Audaz II e o Xa me Vedes, observaron algo que os deixou inmobilizados. Atopándose moi preto da Illa de Ons viron como un enorme obxetico metálico apareceu e os sobrevoou a moi baixa altura sobre eles, exhibíndose claramente uns intres para meterse de súpeto nas frías augas galegas. Os mariñeiros aterrorizados e testemuñas de tal exhibición, nunca esqueceran o que alí viron, algúns deles con nomes e apelidos como Emilio Otero ou Carlos Patiño.  
  
 Este caso ten especial relevancia, pois non se trata de unha testemuña ou ver unhas luces, senón de un caso onde muitas testemuñas teñen unha experiencia que as marcara para toda a súa vida e cústalle explicar o que alí viron esa mañá do 22 de novembro do 1985. Engadir tamén a isto os éstranos casos de supostas aparicións de humanoides nas praias das illas Cíes e de Sada na A Coruña. De todas un osni ben sendo o mesmo que “ovni” coa diferenza de que este pode mergullarse na auga, pero como obxeto non identificado tampouco ten que ser extraterrestre. 
 Certo ou non, lenda ou realidade, estas historias fan enriquecer noso patrimonio folclórico e que siga vivo, pois pasamos da ancestral festa da Coca que saía do mar, os nigromantes e agora os osnis, que terán nosa                                              terra e costas meigas?                                                  

martes, 4 de marzo de 2014

Mitoloxía: A lenda da Lagoa da Serpe

“Contan os vellos que antigamente no alto da Lagoa da Serpe, preto de Pena Trevinca na Serra do Eixo, vivía unha serpe moi grande temida por todos. Di a lenda que nas noites de lúa chea, a serpe convertíase nunha fermosa muller, e que se un xoven conseguía acercarse a ela e cuspirlle na boca cando estaba en forma de serpe esta converteríase definitivamente nunha fermosa muller, podéndose así casar con ela.

Nunha noite de lúa chea un rapaz da aldea de Ponte, que a máis próxima a lagoa, foi a buscar a serpe pero no seu lugar topou unha fermosa muller. Entón sabendo da lenda esperou a que amencera e saíra o sol, e cando a linda muller voltou transformarse en serpe cuspiulle na boca. Nese instante a serpe voltouse a transformar na fermosa muller librándose da maldición e casouse co rapaz de Ponte.”

Na Lagoa da Serpe que esta no paraxe de Pena Trevinca (teito da Galiza) contase que se bebes da súas augas morreras envelenado, ou pola contra se te metes nela súas augas arrastrarante as profundidades. Xa pasou un caso de persoa arrastrada as profundidades das súas augas, pero de morrer por beber súas augas non sábese de ninguén, tamén dicir que ninguén o intenta.

miércoles, 12 de febrero de 2014

O misterio en fotos

Unha tradición ancestral na Galiza era o culto e velatorio os mortos na casa, practica que no rural practicábase ata non fai muito tempo. Foto conservada no museo de Pontevedra do ano 1905.
Cruceiro con peto de ánimas na base, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
Misteriosas estrelas fugaces fotografadas no Grove o 17 de agosto do 2010.
Éstrana simboloxía na capela do monte San Nomedio (As Neves), o símbolo pode dar pe a muitas hipóteses do seu significado.
Solitario cruceiro no medio da nada preto da parroquia de Seceda (Cualedro). Na cruz ten unha cavidade rectangular cunha pequena imaxe da virxe dentro, pola contra na base ten unha pequena acumulación de pedras traídas alí. Non lonxe hai restos de ruínas romanas e unha capela.

Posible avistamento en Verea (Ourense)

Posible avistamento o día 26 de agosto no concello de Verea, Ourense. 

martes, 21 de enero de 2014

jueves, 19 de septiembre de 2013

jueves, 25 de julio de 2013

lunes, 17 de junio de 2013

Estrano petróglifo en Touro (Pontecaldelas) que ben pode recordar a un ser extraterrestre



  Sempre me chamou a atención o ver noutras culturas mundiais representacións, debuxos ou esculturas de formas ou seres que non parecen deste planeta, senón con rasgos e formas do que podemos chamar extraterrestres. Polo que cando me topei con este petróglifo en Touro, no concello de Pontecaldelas quédeme totalmente abraiado. Non é o único caso de petróglifo galego con esa tipoloxía de ser éstrano, pero si o primeiro que vexo cos meus propios ollos.          

martes, 23 de abril de 2013

Mitoloxía: A Cabra do Monte



A morte segundo a mitoloxía pódese disfrazar de moitas cousas, así na Galiza, onde somos o segundo pais con máis cultura da morte despois de Exipto, unha cultura milenaria que se perde na noite dos tempos chegando a crear auténticos camiños da morte dende outras afastadas rexións cara o territorio galaico.

Dentro da morte, hai testemuñas na nosa terra que din que se pode transformar en diferentes animais que avisan a súa chegada, como os cans ou as mesmas galiñas. Neste caso imos falar de outro misterioso fenómeno disfrazado de animal que se da en moitas rexións da Galiza, como no val do O Condado de onde e o autor deste blogue, onde por moitos séculos e ata a actualidade, tivo aterrados cos seus cánticos nocturnos a todos os que a escoitábanse, nalgunhas rexión chámanlle a cabra do ar, noutros a aveoloine e aquí e coñecida como “a cabra do monte, o paxaro da morte.
 


Este mitolóxico paxaro, cando se achega a morte dun individuo, canta nos redores da súa vivenda camuflado pola tenebrosa noite. Seus cánticos soan similares os de unha cabra e sempre sae do escuro monte, por iso seu nome de “cabra do monte”. Son moitos os testemuñas dos cánticos desta forma da morte disfrazada de paxaro, e máis, asegurase que cando canta en menos dunha semana vai morrer alguén ou ata varios durante un curto período de tempo.


Actualmente os paxaros que se atribúen a cabra do monte son as aves rapaces nocturnas, como a curuxa, o bufo ou a choia entre outros. Pero moitos testemuñas sobre todo da Galiza máis rural como no val do Tea, aseguran que non se trata de ningún destas aves, “a cabra do monte non e un paxaro calquera, só aparece cando vai morrer alguén e canta dende o monte o máis cercan a casa do que vai morrer durante uns días antes a morte.” Así asegurou unha testemuña falando deste ser, referíndose a que máis que un animal e a mesma morte disfrazada, pois só aparece cando vai morrer alguén.

Tamén hai que na escoitaron moitas veces xa na súa vida, e poden chegar a dicir; “Dende a miña casa, cando escóitoa pola noite, dependendo a dirección que vaian os cantos sei en que zoa da aldea vai morrer alguén, e se na mesma noite canta en máis dunha dirección, e que vai haber varios defuntos. Polo normal seus cánticos son vellos, pero tamén hai veces que seus cánticos son dunha ave nova, polo que entón o que vai morrer vai ser unha persoa nova.”

 
Na actualidade as crenzas neste ser mitolóxico fóronse perdendo pouco a pouco, pero no rural aínda que os máis novos dubidan da súa existencia, existe un gran respecto pois aínda son moitos os que aseguran que o viviron na súa propia pel, e que o paxaro da morte e mesma morte co as.